Billete de 20 euros

Billete de 20 euros

Primeira serie (2002-2014)[1]
Anverso
Reverso

Segunda serie (desde 2015)[2]
Anverso
Reverso

O billete de 20 euros é o terceiro billete da serie do euro co valor facial máis baixo, posto en circulación desde a introdución do euro como moeda da Eurozona en 2002.

Este billete utilízase nos 25 países que teñen o euro como moeda única, cunha poboación de arredor de 343 millóns de persoas. En decembro de 2022, había uns 4.805.000.000 billetes de 20 euros en circulación na Eurozona. É o segundo valor facial con máis presenza na circulación e representa o 16,3 do papel moeda en uso.[3]

É tamén o terceiro billete de menor tamaño, cunhas medidas de 133 × 72 mm, e a súa cor característica é azul.

Os billetes de 20 euros representan en ambas as súas faces pontes e arcos ou portas da arquitectura gótica (séculos XIII e XIV). Conteñen ademais varios elementos de seguridade complexos, como marcas de auga, tinta invisible, hologramas e microimpresión, que acreditan a súa autenticidade.

O billete de 20 euros correspondente á segunda serie, coñecida como "Europa", foi anunciado o 24 de febreiro de 2015, e entrou en circulación o 25 de novembro dese mesmo ano.[4]

  1. "20 Euro 2002 Series". Numista.com
  2. "20 Euro Europa Series". Numista.com
  3. "Euro banknotes, quantities". European Central Bank (ECB.europa.eu).
  4. "Nova nota de €20 apresentada hoje em Frankfurt am Main". Banco Central Europeu (ECB.europa.eu).

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search